Cando decidín percorrer o camiño da vida, aferrei os meus pés ben aferrados nesta terra, neste camiño

e encontréi  saúde

atopei calma

namoreime do meu corpo

dos cambios

deixei o meu sentir correr libre

e o sorriso florecer.

Nese paseo acollín o meu ollar

puiden observar mellor a natureza, aos seres e o firmamento

e descubrín, nese ceo, unha constelación de supernovas

estrelas fermosas que por algún motivo explotaron e comezaron a brillar ainda máis

unha luz tan potente  que é capaz de recrearse infinitamente.

Duscubrinas ocupando o espazo da miña mirada acolledora.

Véxome nesas infinitas partículas de luz

nas vosas miradas

nas vosas miradas

no noso camiño compartido

nesta feliz idade.